Blogia
Andresadas

Eto´o fai o Neng pero o Barça acaba empatando...

Eto´o fai o Neng pero o Barça acaba empatando... O Barça deixou escapar en Riazor unha victoria que tiña no seu peto tras remontar un marcador adverso de 1-0, tanto marcado por Juan Carlos Valerón no minuto 8 de partido. O Barça foi superior ó Deportivo durante todo o partido, recordando en moitas ocasións a aquel Barça campión de Liga. O xogo foi brillante, sobre todo polas súas dúas grandes estrelas: Ronaldinho y Samuel Eto´o... A celebración de Eto´o foi a esperada... Prometéralle ó Neng de Castelfa, unha celebración especial, bailando coma o personaxe de Buenafuente, co seu típico aleteo de mans.

Despois do gol de Eto´o, Ronaldinho remata unha grande xogada persoal, desbordando a Manuel Pablo cunha cola de vaca, e batendo de disparo cruzado a Molina... O Barça ía ó descanso cunha vantaxe dun gol.

Nada máis comeza-la segunda parte, Ronaldinho volveu inqueda-la meta de Molina, cun forte disparo que marcha desviado. Logo, o Barça, en teoría, mata o partido. O árbitro pita un penalti máis que riguroso a Molina por falta a Deco... Ronaldinho remata a faena cun potente disparo no que nada pode facer o gardameta branquiazul...

O Barça tiña a victoria no peto, e puido conseguir máis goles... Un pase sen mirar de Ronaldinho a Eto´o remata sendo repelido polo pao dereito da portería deportivista, e minutos máis tarde, Deco remata unha volea que a piques está de entrar por toda a escadra. Pero os galegos espertaron... Munitis cunha excelente xogada persoal, acomodando o balón cara a súa perna esquerda, bate a Valdés, un gol, creo, dos millores da súa carreira, a pesar de que el quedou só celebrando o tanto. O Depor continúa asediando a meta blaugrana, cando no minuto 40 da segunda metade, Rubén Castro, tras un disparo de Taborda que bate no poste esquerdo de Valdés, culmina a remontada, logrando o punto para a Deportivo. Para os galegos, ledicia; para os cataláns, vergonza por non matar un partido que tiñan gañado...

0 comentarios